Monday 29 de April de 2024

O Concello e STOP Accidentes premian ao alumnado de 14 centros educativos da Coruña polo seu traballo a prol da seguridade viaria


Nereida Canosa, concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade: “A sensibilidade e capacidade de observación das nenas e nenos é fundamental para cambiar a nosa sociedade”

A concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade, Nereida Canosa, participou esta tarde na entrega dos premios da novena edición do concurso escolar ‘Ahora vamos andando al cole’, unha iniciativa impulsada pola asociación STOP Accidentes e no que colabora o Concello da Coruña. O obxectivo desta iniciativa é reforzar a mensaxe de seguridade viaria e tamén os comportamentos seguros na contorna dos centros educativos.

O acto tivo lugar no Salón de Sesións de María Pita, onde foron premiados 16 nenos e nenas de 14 centros educativos da cidade. Tamén participaron a concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, Jeanne Picard, delegada de STOP Accidentes e Ángela Jiménez, coordinadora técnica de STOP Accidentes. Neira deulle a benvida ao alumnado e explicoylle a importancia das propostas para o Goberno de Inés Rey: “Vós vedes a cidade á vosa altura e a nós vénnos moi ben baixar un pouco a mirada para ter unha imaxe completa da realidade”.

A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestrutura, Nereida Canosa, afondou nesta cuestión. “A sensibilidade e capacidade de observación das nenas e nenos é fundamental para cambiar a nosa sociedade en clave positiva”, sinalou na súa intervención. Os textos e os debuxos premiados levan implícitas mensaxes a prol de respectar os espazos comúns, respectar os sinais de circulación e impulsar novas formas de mobilidade na cidade, conceptos nos que o Concello traballa a diario con centros educativos e forzas de seguridade. “O Goberno de Inés Rey asumiu o compromiso de facer da Coruña unha cidade máis amable, máis humana, así como o de recuperar espazos para a cidadanía”, engadiu a concelleira.

As nenas e os nenos gañadores desta oitava edición do concurso escolar ‘Ahora vamos andando al cole’ foron os seguintes:

CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra: Laura Riobó Sanmartín (11 anos)

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal: Mar Meitín Blanco (11 anos)

CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra: Marco Martinez Varela (9 anos)

CEIP Rosalía de Castro: Lola Roca Casal (10 anos)

CEIP Sal Lence: Daniela Arén González (8 anos)

CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño: Leire Gigirey Guerra (8 anos)

CEIP Sagrada Familia: Gabriela Mosquera Bonja (8 anos)

CEIP Plurilingüe Alborada: Paula González Pérez (9 anos)

Colegio Hogar de Santa Margarita: Carolina Díaz López (11 anos)

CEIP Juan Fernández Latorre: Penélope Rodríguez Pawlow (8 anos)

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma: Eric Canosa Tomé (8 anos)

CEIP Plurilingüe de Prácticas: Andrea Iankova Lado (11 anos)

Colegio Santo Domingo-FESD: Dulce Leira López (8 anos)

CEIP Plurilingüe Manuel Murguía: Azul del Mar Carrillo González (10 anos)

CEIP Sagrada Familia: Yasmin Er Rady Da Silva (12 anos)

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal: Nieves López Pichel (10 anos)